interactiva 7/02

Despois de ver o correspondente anuncio de Campofrío para a campaña de Navidad de 2018 hai algunhas cousas que quería comentar. 
Antes de pasar a comentar este video, pareceume moi peculiar que se empregue este tipo de humor, "o humor negro" para unha campaña publicitaria tan grande e con tanta repercusión, ademais da grande acollida que tivo polo público e numerosos comentarios de apoio. 
En primeiro lugar, polo que puiden ver, a mensaxe deste video é clara, facer un chiste, algo que tan ben nos fai, a día de hoxe é un luxo, pois sempre haberá "ofendiditos". Canto máis ofensivo é un chiste, máis caro sale. 
Dende o meu punto de vista, non acabo a entender como sabendo as consecuencias que teñen algúns destes chistes denigrantes, a día de hoxe e tras tanta loita social, sigan sendo aceptados pola gran maioría. Penso que o verdadeirio humor non debería ofender á xente pola súa condición física ou sexual por pór un exemplo. Ao final do día, segue sendo unha forma de discriminación a cal non se pode pintar como "humor".

Comentarios

Entradas populares de este blog

Comentario Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos (Barcelona, 1996)

Comentario lectura Mosterín, J. (1993): Teoría de la escritura

Reseña de "O galego (im)possível"