Reseña de "O galego (im)possível"

Para comezar, esta lectura resultou de moita utilidade pois serviume para repasar contidos xa debatidos na clase como "Nación e lingua" e outros máis recentes como "O reintegracionismo".  Ademais, esta lectura serviu para ampliar coñecementos con dados moi interesantes dos que xamais escoitara. Nesta obra, o autor tenta desafiar a perspectiva de quen consideran o galego-portugués dúas linguas distintas. Sen dúbida é unha desas lecturas que se deben de facer polo menos unha vez na vida para entender mellor a nosa lingua.

É indibidábel que o galego atópase nun estado moi crítico de substitución e hibridación lingüística, cada día pérdense máis falantes e pérdese a transmisión xeracional, ademais de que o galego está tan castelanizado que hai veces que resulta imposíbel distinguir dúas linguas. O galego oficial actual non está preparado para frear estes procesos, o galego que se nos presenta na Administración, ensino ou mesmo no audiovisual non nos prepara para movernos por un mundo tan globalizado, este galego non está preparado para frear o invasor, senón para ceder ao dominio. Isto estanos a pechar as portas no mundo lusófono.

O galego actual non ten nada de orixinal, isto é unha realidade. A historia foi a que foi, a Galiza forma parte do Estado español, as conexións co mundo lusófono ata hai pouco eran moi complexas e continúan a selo. O actual referente do galego é o español, o que conleva unha perda de identidade pois constantemente estase a ceder ás formas tradicionais do galego para mudar ás formas de prestixio. Unha estratexia para recuperar a saúde da nosa lingúa sería o reintegracionismo, este propón aplicar a ortografía portuguesa á galega, pois actualmente é a que máis se axusta, mais por moito que pense que esta proposta é boa, non nos debemos cinguir tanto a ela. O galego presenta distintas variantes espalladas polo teritorío xeopolítico, polo que habería que reformar esta proposición, para así axustarse mellor á situación lingüística actual.

Fronte á afirmación popular "a lingua é do povo" existen mil matices que a desminten. A lingua é da elite, a elite é quen regula a normativa. Tanto o ILG como a RAG, organismos oficiais, encargáronse de castelanizar o noso idioma, existindo unha preferencia pola léxicografía e fonética castelá. Volvemos a atoparnos cunha clara tendencia á unificación e de dependencia no "colonizador". Mesmo os organismos lingüísticos máis importantes do noso país desprotexen o noso idioma e ceden ao poder. Isto lévame a pensar no "dilema do prisioneiro", se estas institucións realmente escoitasen ao pobo en vez dos seus intereses, o resultado sería próspero.

Ao longo desta lectura sentinme como se estivese nunha viaxe constante, aterrando na situación actual. Esta visión fíxome adquirir unha visión moi negativa sobre o futuro da miña lingua, o pobo non é máis que un monicreque do poder. Mais esta lectura convidoume a reflexionar e dinme de conta da pésima calidade do galego actual, a nosa lingua está lexos de depender do castelán, só hai que ver os "castelanismos" tan amplamente estendidos ou os "decalques" polo que etiquetaría ó galego actual de "lingua contaminada".  

Comentarios

Entradas populares de este blog

Interactiva 05/02

Clase interactiva 21/02