Interactiva 05/02
Débese depurar ou non a linguaxe?
Tras as lecturas de Villanueva (Morderse la lengua. Corrección política y posverdad) e Paul B Preciado (Dysphoria Mundi), a miña reflexión é a seguinte:
A linguaxe está a evolucionar día a día, influenciada pola época postmoderna na que vivimos. Grazas a varios movememtos sociais moitas minorías lograron ter unha voz dentro dunha sociedade rexida polo capitalismo, na que só a voz dominante ten autoridade. Ao longo da nosa historia, a linguaxe foi unha ferramenta chave para esta loita pola liberdade dunha sociedade oprimida racialmente, sexualmente, entre outros "-mente". Pero, polo contrario, a linguaxe, ademais de ser imprescindible para esta loita, tamén o é para a opresión, limitando a liberdade de xénero ou sexual, entre outras.
Son moitos os cambios que a linguaxe foi incoporando nestes últimos anos, algúns deles xa aceptados por grandes institucions lingüísticas como a RAE, que afirman evolucionar a canda o ritmo da nosa sociedade actual. Pero realmente cúmprese esta afirmación? Hoxe en día, moitos grupos sociais e/ou individuos víronse afectados polo significado connotativo de certas palabras. Polo tanto, en resposta á pregunta "Debemos depurar ou non á nosa linguaxe?", dende a miña perspectiva debemos mudar a linguaxe dunha maneira na que ningún colectivo ou individuo se vexa afectado ou se sinta oprimido, pois por moito que queiramos ser "políticamente correctos" e por moito que nos aferremos ao léxico e gramática da RAE, entre outras institucións, sempre que a nosa linguaxe oprima a algún colectivo algo estamos facendo mal como sociedade.
Comentarios
Publicar un comentario