Reseña leitura Moure (2021)
Para empezar, esta leitura pareceume moi interesante pois ademais de explicar moi ben cada concepto ao que alude é algo novo para min, pois tristemente non acostumo ler este tipo de ensaios. Mais esta leitura en parte convidoume a investigar máis sobre o tema. Despois de ler este fragmento, dinme de conta que certamente hai actitudes que adopto ao falar das que nunca me percatara, como os mencionados nos rasgos da fala feminina segundo Robin Lakoff. Ademais, é certo que noto en min misma ou en xente cercana, maiormente mulleres que tendemos a usar o masculino xenérico a maior parte de veces, sendo víctimas dun sistema educativo que non busca ser inclusivo. De feito, non se empeza a pór en dúbida a depuración da linguaxe en termos de cuestión de xénero ata o auxe dos movementos feministas. Mais o movemento feminista é unha loita constante, ás veces tendo voz e outras veces non. Non son poucas as veces nas cais estas innovacións feministas se enfrontaron ao duro conservadurismo de grandes institucións ou foron tomadas a broma incluso xerando grande controversia e formando parte do guión de monologos.
Ademais, encontro interesante as diferenzas entre a fala feminina e a masculina. Certamente, as mulleres somos educadas para falar con delicadeza, sen elevar a voz e de forma tranquila ou seremos consideradas unhas "marimachos". Durante a nosa vida as mulleres nos encontramos cunha infinidade de estereotipos. Dende pequenas incluso na publicidade dos xoguetes que tiñamos que ser moi delicadas no coidado das nosas bonecas, ter o rol de cociñeiras ou incluso darlle de comer aos bebés de xoguete. Mentres que os homes tiñan máis roles de autoridade, como protexer a cidade de xoguete dos villanos, usar pistolas de xoguete, etc. E efectivamente, isto se exténde ata a fala. Cantas veces somos as mulleres interrompidas durante as nosas intervencións de homes que poñen en dúbida o noso coñecemento dunha forma paternalista?. Mais das que nos gustaría. Posteriormente gustariame facer unha entrada analizando este termo denominado "mansplainning". Continuando con este tema, considero moi interesante a perspectiva da tradición queer que cuestiona o significado de xénero e propón novas formas xenéricas na linguaxe escrita tales como a "x" ou o "@" (ex. chicxs, chic@s). Pois creo que estamos deixando de lado esta perspectiva innovadora e que busca incluír a calquera persona sen poñerse etiquetas de xénero.
En conclusión, considero que esta loita por unha inclusión na linguaxe non está o suficientemente visibilizada. Tristemente esta loita segue sendo invisibilizada a día de hoxe, e por pór un exemplo a nova decisión goberno de Arxentina, que recentemente prohibe o uso da linguaxe inclusiva empregando só o masculino xenérico pois considera que a linguaxe inclusiva é unha invención política e unha desnaturalización da linguaxe. Polo que reitero que esta é unha loita constante e que nunca acadará o seu fin.
Comentarios
Publicar un comentario