Comentario dinámica 26 de febreiro

O luns 26 de febreiro fixemos unha dinámica en grupo na clase. Ao principio ninguén sabía moi ben por onde ían os tiros, mais para a nosa sorpresa o obxectivo estaba claro, analizar os comportamentos e a linguaxe da clase.
Básicamente, a clase dividíase en xente que quería falar e colaborar sen éxito e voces con autoridade que o impedían, e para a sorpresa de ninguén eran homes. Isto ten un nome, "mansplaining". Isto consiste nunha imposición de autoridade na linguaxe por parte dun home a unha muller, e ademais poñendo en dúbida o coñecemento dunha muller. Como podemos observar as persoas presentes nesa sesión, sempre que unha muller intentaba falar, un home intentaba matizar o seu punto de vista e automáticamente invalidaba a súa resposta. Entón por que os homes sempre estaban no certo e as mulleres non? Pois é tan sinxelo como misoginia interiorizada.
Moi boa dinámica por certo.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Comentario Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos (Barcelona, 1996)

Comentario lectura Mosterín, J. (1993): Teoría de la escritura

Reseña de "O galego (im)possível"