Comentario "Men Talk" de Liz Lochhead

Este poema é contado dende unha perspectiva masculina. Aparentemente, a voz poética é unha voz masculina. Nel conta a súa percepción da fala das mulleres. Segundo este punto de vista masculino as mulleres só din parvadas e nada do que din ten xeito, falando por falar. Ademais emprega onomatopeias para rebaixar a fala feminina e enfatiza en que os homes só lle gustan as mulleres que os escoitan. Isto pode facer referencia ao rol tan controversial dos homes de voces autoritarias, na parella só eles teñen a palabra. Dende a antigüedade a fala da muller se categorizou como molesta e pouco interesante, otorgando ao home o rol de líder, pois as mulleres eran como un complemento para reforzar a súa masculinidade. Dende a miña interpretación, este poema trata de parodiar esta perspectiva estereotipada do xénero oposto pois a autora é unha muller.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Comentario Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos (Barcelona, 1996)

Comentario lectura Mosterín, J. (1993): Teoría de la escritura

Reseña de "O galego (im)possível"