Dinámica clase 11/03
A raíz da actividade do luns teño varias reflexións. Básicamente a actividade consistía nunha dinamica que dividía dous grupos formados por familiares dos participantes e inimigos; e ambolos dous sospeitosos de cometer un atentado. Se un grupo acusaba o outro e sen ser mutuo, o acusado tería que cumprir 10 anos de prisión, si se acusan mutuamente 5 anos para cada un e si deciden calar, só 6 meses.
Ambos grupos decidiron acusarse mutuamente, unha decisión pouco ética mais intelixente, pois a final de contas e dende un punto de vista un pouco egoísta era a opción que máis nos beneficiaba sen depender da escolla do outro grupo. No meu grupo tomamos as decisións colectivamente pois seguindo o dilema do prisioneiro, era a opción máis correcta. Unha desventaxa deste traballo colectivo foi só tomar en conta o que dicía a maioría o cal non era moi democrático, pois moitas compañeiras respaldaban as decisións da maioría. Partimos de que o mellor para o grupo é a decisión colectiva mais seguindo este dilema, non se tiveron en conta todas as opcións e aínda que a decisión fose en conxunto, sempre ía haber xente en desacordo polo que unha decisión conxunta teóricamente tampouco é a máis demócratica pero tamén de aí o termo "dilema"
Comentarios
Publicar un comentario