Exercicio 3 sociolinguistica 04/03

En que contextos achas que podes falar cando quiseres?
En que contexto sénteste fora de lugar ou pouco autorizada para falar?
Pensas que existen diferenzas por xénero?
Eu acho que cando estou falando con amigas do mesmo rango de idade sinto que a conversación flúe de maneira máis amena e fácilmente se respetan os turnos de cada unha, ademais de sentir que realmente me están escoitando. Ao contrario cando estou a falar con homes maiormente maiores casi nunca teño a palabra, tendo ás veces que alzar a voz ou sendo ignorada. De feito nas conversas de familia case sempre son os homes quenes teñen á voz, sempre dirixindo as conversas e levándoas ao seu terreo.
Claramente existen diferenzas notables por xénero. Ademais na forma de falar eu acho que as mulleres teñen un tono máis tranquilo. Véxase unha conversa nun bar, claramente vense diferenzas entre a conversa de señoras tomando o café e o grupo de catro señores de mediana idade gritando porque o seu equipo de futbol favorito foi goleado. Penso que tamén os homes tenden a estar á defensiva e moitas veces tenden a alzar a voz dirixindo eles sós a conversa. Ademais case sempre que paso por un espazo con moita xente sexa unha terraza ou un parque, as voces que sobresaen e máis barullo fan son as masculinas. Tristemente esto demostra que a dia de hoxe a voz masculina ten máis autoridade, véxase por exemplo que ata fai nada a maioría de portavoces en altos cargos eran varóns.








Comentarios

Entradas populares de este blog

Comentario Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos (Barcelona, 1996)

Comentario lectura Mosterín, J. (1993): Teoría de la escritura

Reseña de "O galego (im)possível"