Leitura Moure (2023)

Sen dúbida cumprir anos e volverse maior estase volvendo un tema tabú e así nolo venden. Debo admitir que eu sou outra vítima máis disto. Aos meus 20 anos estou preocupada por coidarme tanto a pel para dentro de 40 anos disimular ben as arrugas, pois durante a miña vida notei certo rechazo por parte do sector da moda e beleza hacia a pel madura. Probablemente ao ler unha revista de moda e coidado encontrarás mil tips para verte xove de novo, como rexuvenecer ou recomendacións de cremas antiarrugas boísimas, mais poucos artigos para abrazar a túa beleza e arrugas a unha idade avanzada, pois se así fose, non habería nada que venderche! 
Ademais, como ben menciona este fragmento, tendemos a ver a xente adulta como suxeitos fóra da nosa realidade referíndonos a eles como "nos teus tempos" ou "e daquela...?", mais sen percatarnos que eles forman parte do noso presente e así mesmo, o seu. Moitos termos para referirnos a persoas maiores adoitaron unhas connotacións moi negativas debido a unha construcción social e a unha crenza de que son persoas cun estilo de vida totalmente distinto ao "normalizado" hoxe en día, sen percatarnos de que antes de ser osos enterrados, tamén imos ser anciáns. Mais é certo, que algo do que me din de conta é que soemos mirar hacia o futuro e imaxinarnos cumprindo todos os nosos obxectivos, mais sen imaxinar máis alá diso, quero dicir, sen pensar que o futuro tamén conleva que envellezamos, que perdamos audición ou que esteamos preto dos últimos días de vida. Por iso que empezo este comentario nomeando a vellez como un tema "tabú", un tema que nos tormenta e todo o que conleva ou trae de por si. Curiosamente, o mércores 13 de marzo fixemos unha reflexión na clase sobre a linguaxe segundo ás idades, e comparamos a linguaxe xuvenil e a linguaxe máis madura por así decilo, mais os seus respectivos trazos, e tristemente caemos nalgún edadismo sen percatarnos delo. A verdade que nunca me puxera a pensar sobre este tema, máis que nada porque un dos medos que me venderon como muller foi o de envellecer. Abro TikTok e vexo "influencers" con centos de miles de seguidores subindo contido do tipo "usa cinta muscular durante a noite no teu rostro para que non che salgan arrugas" ou anuncios sobre clínicas de botox para previr o paso do tempo na pel. Todas queremos chegar radiantes á nosa vellez, mais reflectimos os nosos prexuizos na xente maior.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Comentario Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos (Barcelona, 1996)

Comentario lectura Mosterín, J. (1993): Teoría de la escritura

Reseña de "O galego (im)possível"