Reflexión Texto Heller

Na primeira parte da lectura, a autora céntrase sobre todo na cuestión da estandarización do inglés dende unha perspectiva crítica. O estándar baséase en datos empíricos, e a pesar de que a comunidade negra sempre estivese presente na América angloparlante, a raíz da esclavitude (unha das regras coloniais), ademais doutras comunidades, o inglés américano estándar ten a súa orixe na fala da elite, que para a sorpresa de ninguén é a fala branca. Isto conleva a unha marxinación doutras variedades do inglés ou incluso doutras linguas. Ademais existe un claro rexeitamento cara a fala de persoas racializadas ou de distinta orixe étnica, crenza ligada a xerarquías sociais e a un pensamento imperialista. A "fala branca" conta cun gran prestixio, polo contrario a fala negra, ou African-American Vernacular English é etiquetada como un sociolecto.
O inglés afroamericano foi visto como vulgar e inintelixible aínda sendo totalmente entendible para calquera falante do inglés. Isto reflicte unha clara imposición de poder e unha forma de controlar comunidades colonizadas. Malia esta marxinación lingüistica, en Europa contamos co gran prestixio de ter unha rica variedade de linguas, mais tristemente algúns gobernos incitan á propia morte das linguas minoritarias pois non forma parte dos seus intereses promover outras linguas que a propia lingua de prestixio.
Polo tanto, chego a conclusión de que o desenvolvemento das linguas coloniais entre comunidades sometidas a unha autoridade imperialista veuse claramente afectado. Mais este problema atravesa outras fronteiras, como a literatura. Podemos observar como obras poscoloniais escritas por autores racializados angloparlantes pertencentes ás antigas colonias do Imperio Británico , non son consideradas dentro do canon ou nin sequera forman parte das obras clave da literatura anglófona. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Comentario Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos (Barcelona, 1996)

Comentario lectura Mosterín, J. (1993): Teoría de la escritura

Reseña de "O galego (im)possível"