Comentario Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos (Barcelona, 1996)

Nesta entrada comezarei comentado a lectura prevista para esta semana.
A Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos nace sobre todo co obxectivo de promulgar os dereitos dos falantes das linguas ameazadas. Aínda que esta declaración fose apoiada pola ONU, carece de oficialidade e é imprescindible a súa posta en vigor, pois os dereitos lingüisticos son fundamentais para o desenvolvemento dunha comunidade lingüística.
Tras ler os artigos correpondentes, percateime de que dentro da miña comunidade lingüística algunhas destas propostas brillan pola súa ausencia. Sen dúbida, unha comunidade vese afectada tanto por factores político-xurídicos, ideóloxicos e históricos; demograficos e territoriais; económicos e sociais; culturais; lingüísticos e sociolingüísticos; interlingüísticos e por último, subxectivos. Ademais, a tendencia unificadora dun Estado tende á propia distorsión da identidade propia e polo tanto, reduce a diversidade. 
Mais para o funcionamento desta, ámbitos como a administración públida e órganos oficiais; a educación; a onomástica; os medios de comunicación; a cultura e o ambito socioeconómico, son chave para a divulgación dunha lingua. Para empezar, partimos de que todos os falantes da mesma lingua teñen os mesmos dereitos sen importar a raza, etnia, sexo, idade, etc. 
Volvendo a pór de exemplo o caso da miña lingua, o galego, a súa presencia nestes ámbitos é escasa, sobre todo no ámbito xurídico, na política e no ámbito socioeconómico, debido ás políticas de autogoberno, cada ano reducindo a súa presenza nestes mentres a lingua de prestixo se impón. Este último termo sería incorrecto neste contexto, pois segundo as condicións desta declaración, non existe tal cousa como unha lingua máis prestixiosa que outra, pois todas son iguais de ricas mais é indudable a súa imposición ó galego e os prexuízos que se crean. Como cidadáns dunha comunidade lingüistica, temos dereito a ser atendidos na nosa lingua nos órganos oficiais, a presentar unha denuncia, a ter contacto con ela dende pequenos, a ler a etiqueta dun produto alimentario na nosa lingua ou mesmo a poder firmar os papeis dun casamento na lingua propia da nosa comunidade lingüística. Mesmo, para moitas galegas isto non supón un problema pois tristemente somos vítimas dun proceso de substitución lingüística e atopámonos desprotexidas polas políticas actuais. Como lingüistas debemos entender que unha lingua forma parte da nosa identidade e coa morte dunha lingua morre toda a comunidade.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Interactiva 05/02

Reseña de "O galego (im)possível"

Clase interactiva 21/02