Comentario dinámica clase 10 de abril

A dinámica da última interactiva desta semana trataba de defender unha lingua como lingua internacional auxiliar entre varias opcións, tales como o mandarín, o euskera, o latín, o esperanto, o galego-portugués ou o árabe. Pero antes de comezar, que é unha lingua internacional auxiliar? Para a comprensión entre distintas comunidades lingüísticas, nace esta proposta baseada na existencia dunha lingua internacional. Algunhas destas teñen como obxectivo os intercambios comerciais tal como o sabir, combinando as distintas linguas dos comerciantes partícipes ou incluso algunhas tales como o criollo, nacen nun ambiente familiar. Sen embargo, outras adquiren este "status" de LIA segundo o seu poder socio-económico como hoxe en día o inglés, véxase o impacto da lingua no PIB de Reino Unido. Sen dúbida a globalización acelerou a imposición do inglés, converténdose na lingua dos negocios, de viaxes ou entrando con forza na maioría dos sistemas educativos. Un dos requisitos vixentes hoxe en día para entrar no mundo laboral é un amplo dominio da lingua inglesa. Mais, botando a vista atrás, durante o auxe do imperio romano ou español a lingua internacional auxiliar correspondíase coa lingua destes, polo que é un cambio constante.

Con todo isto dito, a miña proposta sería o esperanto, pois é unha lingua que se crea de modo artificial tendo como base múltiples idiomas, e dende a creación desta lingua por Zamenhof, buscábase unha lingua fácil de aprender, co fin de encontrar unha nova alternativa para a comunicación internacional.

Cando pensamos nunha lingua internacional, case sempre se nos ven a mente unha lingua occidental ou colonial, tal e como pasou na sesión, mais existen moitísimas alternativas máis. Certo é que case ninguén defendeu ningunha lingua oriental, a excepción dunha compañeira por orde da mestra, mais isto lévame a pensar na nosa perspectiva eurocéntrica e a nosa forma de visualizar o mundo, nós europeos como o centro e o resto como o outro, polo que esta intervención fíxome reflexionar moito, pois inconscientemente somos vítimas do erro.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Interactiva 05/02

Reseña de "O galego (im)possível"

Clase interactiva 21/02