Comentario lectura Mosterín, J. (1993): Teoría de la escritura
Para comezar, na seguinte entrada intentarei ligar a lectura coa clase interactiva correspondente ao seu debate mais tamén comentando certos aspectos desta.
En primeiro lugar, esta lectura pareceume bastante peculiar no bo sentido da palabra, mais tamén, resultoume moi interesante a súa perspectiva tan innovadora. Este tema non soe ser obxecto de debate e é bastante curioso que alguén que non se dedique á Lingüística puxera sobre a mesa esta cuestión.
Mosterín cataloga a ortografía vixente como defectuosa e afirma que dedicar tanto tempo á súa aprendizaxe é unha perdida de tempo, tempo que se pode dedicar a outras actividades máis útiles. Ademais engade que moitos traballadores vense afectados á hora de encontrar traballo debido a que non fan un uso correcto da ortografía, mesmo se son oficios manuais. Para as crianzas tamén é un problema, posto que á hora de examinarse na escola valórase máis a corrección ortográfica que a propia facilidade e precisión da linguaxe, creando certas inxustizas, pois o sistema educativo ensínalles o que non comprenden.
O que propón Mosterín é a necesidade dunha ortografía fonémica, é dicir, “trasladar ao papel o que se fala”, en palabras do autor. Polo tanto, gañarían tanto as crianzas como os adultos, pois os máis pequenos poderían dedicarse ao cultivo da linguaxe e non suporía ningún problema cara o futuro, os adultos, xa familiarizados coa ortografía tradicional, dominaríana en cuestión de minutos segundo o autor. Ademais isto abriría moitas portas, pois melloraría a aprendizaxe doutras linguas e gañaríase pracer estético e intelectual. Esta proposta adaptaríase á realidade da lingua e substituiría á ortografía tradicional, inviable para o autor, por unha mellor e máis sinxela.
Por último o autor critica ás grandes institucións da lingua e como baseamos o noso criterio lingüístico nelas e convida á revelación por parte do lector, pois ao final, a corrección ortográfica é o de menos.
Dito isto, dende o meu punto de vista non estou de acordo coa reflexión do autor, pois si se supón que deberiamos escribir tal cal falamos, antes deberiamos estar familiarizados coa fonética, un campo de estudio para nada sinxelo para as crianzas. Ademais, non todo os falantes dunha mesma lingua pronuncian de igual maneira certos fonemas e moitos falantes dende pequenos experimentan retrasos na linguaxe.
Na clase houbo un gran debate con bastantes posicionamentos a favor mais tamén en contra. Para algunhas compañeiras, esta proposta resultaba máis sinxela, democrática e antielitista. Polo contrario, para outra gran parte da clase esta proposta non era para nada viable resultando na perda da identidade e da identidade culural.
Comentarios
Publicar un comentario