Entradas

TEXTO LABOV 06/05

Para o seguinte estudo, Labov emprega o seguinte método; o método cuantitativo, amosando a través da recolleita de dados, que a variable fonolóxica /r/ é un trazo diferenciador social na fala de Nova York. Segundo Lavob, os falantes ocupaban lugares dentro dunha escala social dependendo do seu uso diferencial de /r/. Segundo amosa este texto, existen distincións entre a pronuncia dos mozos da clase social media-baixa e traballadora, e os mozos de clase alta, os cais parten dun ponto máis alto. Ademais, a pronuncia dos mozos de clase meia-baixa e traballdora podería mudar ao longo do tempo dependendo do contexto social. Pola contra, o método cuantitativo non ten en conta o individuo senón a comunidade á que pertence, polo que proporciona unha mirada macroscópica. Labov concluíu que as clases sociais se distribúen segundo o seu uso de /r/, mais para este estudo non tivo en conta factores como a ideoloxía ou  a adopción de formas de prestixio con máis aceptación social.

Reseña de "O galego (im)possível"

Para comezar, esta lectura resultou de moita utilidade pois serviume para repasar contidos xa debatidos na clase como "Nación e lingua" e outros máis recentes como "O reintegracionismo".  Ademais, esta lectura serviu para ampliar coñecementos con dados moi interesantes dos que xamais escoitara.  Nesta obra, o autor tenta desafiar a perspectiva de quen consideran o galego-portugués dúas linguas distintas. Sen dúbida é unha desas lecturas que se deben de facer polo menos unha vez na vida para entender mellor a nosa lingua. É indibidábel que o galego atópase nun estado moi crítico de substitución e hibridación lingüística, cada día pérdense máis falantes e pérdese a transmisión xeracional, ademais de que o galego está tan castelanizado que hai veces que resulta imposíbel distinguir dúas linguas. O galego oficial actual non está preparado para frear estes procesos, o galego que se nos presenta na Administración, ensino ou mesmo no audiovisual non nos prepara para movern...

O movemento reintegracionista

Foron poucas as veces que escoitei falar sobre este movemento, o reintegracionismo, quizais con sorte aparecía algunha referencia a este no recadro azul do libro de galego da secundaria, mais a súa presenza no programa da materia era case nula.   Polo tanto, isto lévame a pensar na politización da educación, como adquirimos os coñecementos acorde aos intereses do autogoberno. Non foi ata 2º de carreira na materia de Sociolingüística que escoite falar del en profundidade. Este movemento lingüístico busca recuperar o vínculo entre o galego e o mundo lusófono fronte a castelanización do galego, consagrada pola normativa oficial vixente, as NOMIGa. Esta preferencia pola lexicografía castelá, conduce á desaparición do galego, sendo o reintegracionismo unha estratexia para a supervivencia do noso idioma. Non foron poucas as veces que escoitei a afirmación “o galego permite comunicarse con centos de millóns de falantes do portugués”, mais tal e como é ensinado hoxe en día, isto non é ...

Comentario lectura Mosterín, J. (1993): Teoría de la escritura

Imagen
Para comezar, na seguinte entrada intentarei ligar a lectura coa clase interactiva correspondente ao seu debate mais tamén comentando certos aspectos desta. En primeiro lugar, esta lectura pareceume bastante peculiar no bo sentido da palabra, mais tamén, resultoume moi interesante a súa perspectiva tan innovadora. Este tema non soe ser obxecto de debate e é bastante curioso que alguén que non se dedique á Lingüística puxera sobre a mesa esta cuestión. Mosterín cataloga a ortografía vixente como defectuosa e afirma que dedicar tanto tempo á súa aprendizaxe é unha perdida de tempo, tempo que se pode dedicar a outras actividades máis útiles. Ademais engade que moitos traballadores vense afectados á hora de encontrar traballo debido a que non fan un uso correcto da ortografía, mesmo se son oficios manuais. Para as crianzas tamén é un problema, posto que á hora de examinarse na escola valórase máis a corrección ortográfica que a propia facilidade e precisión da linguaxe, creando certas inxu...

Comentario dinámica clase 10 de abril

Imagen
A dinámica da última interactiva desta semana trataba de defender unha lingua como lingua internacional auxiliar entre varias opcións, tales como o mandarín, o euskera, o latín, o esperanto, o galego-portugués ou o árabe. Pero antes de comezar, que é unha lingua internacional auxiliar? Para a comprensión entre distintas comunidades lingüísticas, nace esta proposta baseada na existencia dunha lingua internacional. Algunhas destas teñen como obxectivo os intercambios comerciais tal como o sabir, combinando as distintas linguas dos comerciantes partícipes ou incluso algunhas tales como o criollo, nacen nun ambiente familiar. Sen embargo, outras adquiren este "status" de LIA segundo o seu poder socio-económico como hoxe en día o inglés, véxase o impacto da lingua no PIB de Reino Unido. Sen dúbida a globalización acelerou a imposición do inglés, converténdose na lingua dos negocios, de viaxes ou entrando con forza na maioría dos sistemas educativos. Un dos requisitos vixentes hox...

Comentario Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos (Barcelona, 1996)

Nesta entrada comezarei comentado a lectura prevista para esta semana. A Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos nace sobre todo co obxectivo de promulgar os dereitos dos falantes das linguas ameazadas. Aínda que esta declaración fose apoiada pola ONU, carece de oficialidade e é imprescindible a súa posta en vigor, pois os dereitos lingüisticos son fundamentais para o desenvolvemento dunha comunidade lingüística. Tras ler os artigos correpondentes, percateime de que dentro da miña comunidade lingüística algunhas destas propostas brillan pola súa ausencia. Sen dúbida, unha comunidade vese afectada tanto por factores político-xurídicos, ideóloxicos e históricos; demograficos e territoriais; económicos e sociais; culturais; lingüísticos e sociolingüísticos; interlingüísticos e por último, subxectivos. Ademais, a tendencia unificadora dun Estado tende á propia distorsión da identidade propia e polo tanto, reduce a diversidade.  Mais para o funcionamento desta, ámbitos como a adm...

Reflexión Texto Heller

Na primeira parte da lectura, a autora céntrase sobre todo na cuestión da estandarización do inglés dende unha perspectiva crítica. O estándar baséase en datos empíricos, e a pesar de que a comunidade negra sempre estivese presente na América angloparlante, a raíz da esclavitude (unha das regras coloniais), ademais doutras comunidades, o inglés américano estándar ten a súa orixe na fala da elite, que para a sorpresa de ninguén é a fala branca. Isto conleva a unha marxinación doutras variedades do inglés ou incluso doutras linguas. Ademais existe un claro rexeitamento cara a fala de persoas racializadas ou de distinta orixe étnica, crenza ligada a xerarquías sociais e a un pensamento imperialista. A "fala branca" conta cun gran prestixio, polo contrario a fala negra, ou African-American Vernacular English é etiquetada como un sociolecto. O inglés afroamericano foi visto como vulgar e inintelixible aínda sendo totalmente entendible para calquera falante do inglés. Isto reflicte...