Leitura Moure (2023)
Sen dúbida cumprir anos e volverse maior estase volvendo un tema tabú e así nolo venden. Debo admitir que eu sou outra vítima máis disto. Aos meus 20 anos estou preocupada por coidarme tanto a pel para dentro de 40 anos disimular ben as arrugas, pois durante a miña vida notei certo rechazo por parte do sector da moda e beleza hacia a pel madura. Probablemente ao ler unha revista de moda e coidado encontrarás mil tips para verte xove de novo, como rexuvenecer ou recomendacións de cremas antiarrugas boísimas, mais poucos artigos para abrazar a túa beleza e arrugas a unha idade avanzada, pois se así fose, non habería nada que venderche! Ademais, como ben menciona este fragmento, tendemos a ver a xente adulta como suxeitos fóra da nosa realidade referíndonos a eles como "nos teus tempos" ou "e daquela...?", mais sen percatarnos que eles forman parte do noso presente e así mesmo, o seu. Moitos termos para referirnos a persoas maiores adoitaron unhas connotacións moi neg...